XANECO – Obradoiro De Instrumentos Musicais

O Obradoiro Xaneco comeza a súa actividade comercial en 1996 co afán de construír instrumentos musicais que respondesen ás demandas dos músicos profesionais e cun criterio de calidade que puxera os instrumentos musicais tradicionais galegos ao mesmo nivel ca calquera outro instrumento musical.

O estudo dos instrumentos antigos, conxugado coas técnicas de construcción actuais, e mais o contacto permanente cos músicos, son a esencia do Obradoiro XANECO . Isto Permite que os instrumentos que alí se fan estean en continua evolución e mellora, tanto de carácter tímbrico como de afinación, pero sen afastarse da tradición musical de Galiza.         

Os instrumentos que se fan no Obradoiro son os de percusión tradicional e zanfonas. Na percusión un dos obxectivos principias é dar a coñecer todo o amplo abano de instrumentos de percusión que existen na Galiza, e facelos cun criterio de calidade para acadarr a súa dignificación e equiparación á consideración que teñen outros instrumentos, como por exemplo a gaita.

Nas zanfonas, compaxino o estudo de instrumentos antigos co coñecemento das ténicas de luthería coa finalidade de lograr un instrumento musical que sexa bo de manexar e de afinar e asi contribuír dalgún xeito á súa popularización.


Desprácese A Cimo